Nina Simone, unha muller cunha vida comprometida coa defensa dos dereitos civís en Estados Unidos, unha artista que non se pode encasillar, unha artista orixinal, cunha impresionante técnica pianística ao servizo da expresión dos sentimentos máis profundos, cunha voz de contralto especial e cun estilo mestura da fusión de elementos procedentes do soul, do rythman-blues, do jazz, do blues e da música clásica. As súas actuacións transmiten pasión, non deixan ao oínte en absoluto indiferente, son, moitas veces, conmovedoras e chegan ao corazón directamente.

Escoitamos "For all we know", nunha versión para trío, en directo.