Ao redor de 1852, no medio dunha grande crise psicolóxica, Schumann estaba a desenvolver un novo estilo de compoñer. Unha mostra disto é o Concerto en re menor para violín e orquestra. O segundo tempo constitúe o movemento máis importante e no que este novo estilo se pode apreciar. Resulta un movemento enigmático, conmovedor, con momentos de grande tensión emotiva seguidos de pequenas pausas no discurso. Case é un tempo monotemático. A base de todo está nun deseño sincopado inicial que, aos poucos, vai aparecendo na orquestra ou no solista. Mentres, o tema amplíase, recórtase, outras veces suxírese, soa algo diferente cada vez que o escoitamos. Estamos, sen lugar a dúbidas, no inicio da forma cíclica, recurso moi empregado por compositores que viñeron despois. Por tanto, esta obra, ten moito de precursora. Ademais, ao propio compositor causoulle un forte impacto este tema. Era ese tema que dicía que fora dictado polos anxos, coa axuda de Schubert e Mendelssohn xa falecidos. Todo isto xeroulle grande anguria e levouno á súa terceira e derradeira crise que acabaría, despois de tirarse ao Rihn e de estar internado nun psiquiátrico, coa súa vida.

Ante todo, nesta obra apreciamos o xenio compositivo de Schumann. Ese xenio que se manifesta nunha linguaxe musical propia e única, inconfundible, orixinal, cun tratamento harmónico e orquestral tan persoal que semella estar ás veces fóra do seu tempo.

O violinista Liviu Prunaru interpreta o segundo movemento que dura ata o minuto 5:50, cando empeza o terceiro movemento.

We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.