Musicanaescola

Música para todos e todas

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Home Música para escoitar
Música para escuchar

Violoncello e piano - O cisne - Saint-Saëns

Correo-e Imprimir

O Carnaval dos Animais, peza humorística do francés Camille Saint-Saëns, constitúe unha boa audición para iniciarse no mundo dos diferentes instrumentos da orquestra e das súas combinacións.

O cisne, case ao final da peza, ilustra a combinación violoncello-piano. A melodía do violoncello amósase tenra e morriñenta, case semella o laio dun ser humano. O piano interpreta un deseño semellante á auga mecéndose nun estanque... O conxunto resulta dunha beleza impactante.

Última actualización feita o Mércores, 17 Febreiro 2010 21:48
 

Violín e piano - Zapateado de Sarasate

Correo-e Imprimir

A combinación camerísta violín-piano deu, ao longo da Historia de música, uns froitos extraordinarios. Mozart, Beethoven, Schuman, Brahms, Cesar Frank... e moitos máis deixáronnos páxinas musicais inesquecibles. Tamén temos en España compositores salientables.

Pablo Sarasate, (1844-1904), adicou a súa vida musical ao violín (foi un dos mellores violinistas de todos os tempos) e á composición. O músico navarro compuxo obras onde o virtuosismo e a musicalidade son esixencias imprescindibles para os intérpretes.
O zapateado, obra para violín e piano, amosa as características singulares da música de Sarasate. Case todas as técnicas interpretativas neste instrumento están condensadas na obra. No vídeo que propoñemos, o violinista Gil Shaham aúna unha espectacular técnica e unha musicalidade extraordinaria:

 

Johann Strauss: Perpetuum mobile

Correo-e Imprimir

Perpetuum mobile significa movemento continuo, sen parar. Soen ser obras musicais onde prima o virtuosismo. Esta peza de Johann Strauss fillo é un scherzo musical que destaca pola súa brilllantez orquestral obtida con combinacións tímbricas ben conseguidas, polos contrastes dinámicos, pola viveza do seu movemento e polo seu carácter variable entre alegre e algo retranqueiro. O carillón, o fagot, o clarinete, o frautín, os timbais, o gong... teñen momentos onde se distinguen claramente e pódese xogar a adiviñar cando soa cada un deles...

Última actualización feita o Mércores, 17 Febreiro 2010 22:37
 

Os preludios de Rachmaninov

Correo-e Imprimir

Sergei Rachmaninov (1873-1943) foi un excelente compositor, ademais de afamado intérprete e director. Na súa música pódese albiscar anacos de música popular rusa, pero de tal xeito que soa a música universal, unha música que podemos facer nosa e coa que todos podemos sentir o que o compositor desexa transmitir. O fracaso da súa primeira sinfonía causoulle unha tremanda depresión que o inhabilitou para a creación musical durante un tempo. Grazas a un tratamento psicolóxico con bos resultados, Rachmaninov saíu da súa crise e compuxo esa serie de obras impresionantes que comezou coa Segunda Sinfonía, os catro concertos para piano e orquestra, varios poemas sinfónicos e a música para piano.

Ser un virtuoso do piano e, á vez, posuír a inspiración precisa, fan que as obras pianísiticas de Rachmaninov brillen con luz propia. Os preludios para piano constitúen unha mostra disto. Imos propoñer a escoita de dous preludios op 23 magníficante interpretados por Nikolai Lugansky.

 

  • Preludio op 23 nº 5 -> Brillante, potente, con forma ternaria (parte A moi rítmica e portentosa, parte B con melodía romántica e brillante, unha especie de accelerando leva á repetición da parte A con diferenzas).


  • Preludio op 23 nº 4 -> Unha melodía íntima, sinxela, suxerente, profunda, construída a base dun deseño que se amplía por progresións. O intérprete está xenial...

 

200 anos do nacemento de Robert Schumann

Correo-e Imprimir

Robert Schumann naceu o 8 de xuño de 1810 en Zwickau e finou en Bonn en 1856, polo tanto, este ano 2010 tamén se celebra o 200 aniversario do seu nacemento.

Schumann foi un compositor que levou ata o extremos os cánones propios do romanticismo musical. Cultivou a composición para piano, música de cámara, sinfónica, o lieder... As súas sinfonías amosan unhas combinacións tímbricas moi persoais que lle confiren grande orixinalidade. Na xénese da súa linguaxe musical propia, a polifonía xoga un papel moi importante. Ademais, tamén foi crítico musical e apoiou o talento de varios compositores xóvenes da súa época, entre eles, Johannes Brahms.

O seu catálogo de obras é moi amplo. Aquí ilustraremos este artigo con algunha peza pouco coñecida, como pode ser algún dos Estudos op 56 para piano con pedal, que hoxe adóitanse tocar en órgano. A súa obra máis completa para órgano son as Seis fugas sobre o nome de Bach opus 60. Aquí teñen o Estudo nº 4 op 56, nunha excelente intepretación do organista Thomas Murray. Que música máis entrañable...!!!

Última actualización feita o Domingo, 17 Xaneiro 2010 21:26
 


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL