Un dos momentos máis cautivadores do Concerto de Ano Novo 2011, pola beleza, delicadeza e tenrura da música, pola fascinante coreografía, pola maxestuosidade das salas onde se gravou o ballet, e, sobre todo, pola excepcional interpretación da orquestra conducida polo director austríaco Franz Welser-Möst, quen escolleu un tempo axeitado, un fraseo con certo rubato nalgúns intres, todo isto moi apropiado para expresar esa nostalxia que a distancia lle dá a unha relación. A peza titúlase Aus der Ferne - Polca-Mazurca op 270 de Joseph Strauss.

We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.