Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Análise do primeiro movemento Sonata op.2 n°1 -Beethoven

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 08 Outubro 2011 16:46
Última actualización do Domingo, 09 Outubro 2011 10:10
Publicado o Sábado, 08 Outubro 2011 16:46
Escrito por Administrator
Visitas: 2984

Amosamos a análise realizada co aplicativo iAnalyse do Primeiro Movemento da Sonata para piano en fa menor op 2 nº1 de Beethoven. A partitura posúe toda a información precisa para disfrutar da música e apreciar dun xeito intuitivo a forma-sonata que adoita este movemento.

MuseScore 1.1 xa dispoñible

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 02 Outubro 2011 16:52
Última actualización do Domingo, 02 Outubro 2011 16:52
Publicado o Domingo, 02 Outubro 2011 16:52
Escrito por Administrator
Visitas: 2542

A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, máis de 60 erros foron correxidos, perfeccionar a notación de Jazz e incluir scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.

Para descargalo premer na ligazón.

Zarabanda - s XVIII

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 16 Xullo 2011 12:47
Última actualización do Domingo, 17 Xullo 2011 11:45
Publicado o Sábado, 16 Xullo 2011 12:47
Escrito por Administrator
Visitas: 2826

Esta Zarabanda, de autor anónimo do século XVIII, está recollida no libro Flores de Música que o organista franciscano Martín y Coll recopilou. É unha peza sinxela para iniciarse no mundo do teclado.

Aquí en formato pdf.

Guía didáctica de instrumentos galegos

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 01 Xullo 2011 17:32
Última actualización do Venres, 01 Xullo 2011 17:47
Publicado o Venres, 01 Xullo 2011 17:32
Escrito por Administrator
Visitas: 2521

Moisés Quintas vén de presentar a súa publicación titulada "Guía didáctica de instrumentos galegos". O autor presenta unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta
de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a
construción de instrumentos sinxelos.

Danzas do mundo

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 11 Marzo 2011 16:06
Última actualización do Venres, 11 Marzo 2011 16:06
Publicado o Venres, 11 Marzo 2011 16:06
Escrito por Administrator
Visitas: 2673

A profesora Begoña Rodríguez está a recoller no seu blogue "Danzas del mundo" unha chea de danzas, polo de agora leva 61. En cada danza ofrécese un vídeo coa mesma e unha ficha para a explicación técnica. Pódese descargar a música correspondente. Begoña, grazas por compartir o teu traballo.
Tamén posúe moita información interesante a páxina "Danzas del mundo" de Ángel Zamora, autor de varias publicacións sobre o tema.

Máis artigos

  1. Usos de Slideshare en Educación Musical

Page 19 of 20

  • Start
  • Prev
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Lonxe da terriña - Juan Montes
  • Unha emoción liberada...
  • Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau
  • Momento musical nº3 op 16 - Rachmaninov
  • Banda Xuvenil de Santádega

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2021 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.