Variacións sobre un tema de Paganini op 35 - Brahms
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2047
As Variacións sobre un tema de Paganini op 35 de Brahms (Estudos para pianoforte) constitúen un monumento, xunto coas Variacións sobre un tema de Haendel (para piano) e as Variacións sobre un tema de Haydn (para orquestra) do mesmo autor, á forma musical da variación. Brahms era un auténtico MESTRE desta forma musical. Traballar un tema, diseccionalo, modificalo de xeito que o espírito do mesmo non se perda, amplialo, enriquecelo ata chegar ao culmen da grande variación, onde a inventiva e a inspiración do compositor amósanse protagonistas da obra, "superando" o terma musical que a orixinou. Este é o traballo de Brahms. Magnífico. O virtuosismo técnico que a partitura encerra (son uns estudos para piano de máxima dificultade) non se pode afrontar sen unha enorme musicalidade por parte do intérprete.
Ofrecemos dous vídeos de dous pianistas. O primeiro libro, (14 variacións), un pianista que xa ocupado un lugar de honra na historia da interpretación neste instrumento, Emil Gilels. (14 variacións)
O segundo libro, outras 14 variacións, está interpretado por outro pianista ruso, Dmitriy Onyshchenko, xoven pianista gañador dun Concurso Tchaikovski.
Análise do primeiro movemento Sonata op.2 n°1 -Beethoven
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2451
Amosamos a análise realizada co aplicativo iAnalyse do Primeiro Movemento da Sonata para piano en fa menor op 2 nº1 de Beethoven. A partitura posúe toda a información precisa para disfrutar da música e apreciar dun xeito intuitivo a forma-sonata que adoita este movemento.
MuseScore 1.1 xa dispoñible
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2248
A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, máis de 60 erros foron correxidos, perfeccionar a notación de Jazz e incluir scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.
Zarabanda - s XVIII
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2409
Esta Zarabanda, de autor anónimo do século XVIII, está recollida no libro Flores de Música que o organista franciscano Martín y Coll recopilou. É unha peza sinxela para iniciarse no mundo do teclado.
Aquí en formato pdf.
Page 16 of 17