Musicanaescola

Rock & Roll para muñones

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 16 Febreiro 2012
Última actualización do 16 Febreiro 2012
Visitas: 2671

Rock & Roll para muñones é un curso gratuito para aprender a tocar a guitarra, que explica dun xeito sinxelo e desenfadado as dificultades técnicas e a linguaxe musical necesario para aprender a interpretar este estilo musical.

Páxina web de Rock&Roll para muñones

Frescobaldi 2.0.6

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 01 Mai 2012
Última actualización do 17 Novembro 2012
Visitas: 2341

Acaba de publicarse Frescobaldi 2.0.6. Hai novas funcionalidades como o pregado e despregado de bloques de texto ou a posibilidade de abrir ficheiros na mesma xanela ao lanzar documentos desde o explorador de ficheiros e tamén correccións de erros detectados en versións anteriores. Lembramos que funciona con KDE4 e que hai un instalador para Windows.

Editor Frescobaldi

Werner Icking Music Archiv fusiónase con IMSLP

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 26 Febreiro 2012
Última actualización do 26 Febreiro 2012
Visitas: 2328

O estupendo sitio de partituras Werner Icking Music Archiv fusiónase con IMSLP desde o mes de setembro de 2011. Todas as partituras de WIMA pasaron a formar parte do amplo catálogo de IMSLP.

Portada do IMSLP

215 aniversario do nacemento de Franz Schubert

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 31 Xaneiro 2012
Última actualización do 24 Decembro 2015
Visitas: 1987

Hoxe, 31 de xaneiro de 2012, cúmprense 215 anos do nacemento do grandísimo músico vienés Franz Schubert (1797-1828). En tan só 31 anos de vida, Schubert deixounos intres musicais intensos, fermosos, cheos de morriña e desesperación, de auténtica ledicia... Schubert, un xenio da harmonía e da modulación, un arquetipo de artista do primeiro romanticismo.

Da súa obra podiamos escoller calquera grande composición. Ímonos decantar por unha obra de cámara: o Andante do Trío nº 2 op 100 en Mi bemol maior. Escoiten e disfruten... Un boa versión: Trío Wanderer.

 

Hans Christian Lumbye: Tranvía a vapor de Copenhague

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 02 Xaneiro 2012
Última actualización do 02 Xaneiro 2015
Visitas: 2168

Feliz 2012!!!

Este ano no Concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena, estupendamente dirixido por Mariss Janson, houbo un par de pezas que nos chamaron moito a atención. Aquí ímonos referir á primeira, titulada Tranvía a vapor de Copenhague, do compositor danés Hans Christian Lumbye, moi amigo dos Strauss. A composición describe unha viaxe en tren a vapor con todos os sons propios da mesma. A versión da orquestra vienesa é endiabladamente magnífica: grande realismo e axeitada velocidade. Toda unha homenaxe ao ferrocarril...

  1. Frescobaldi 2 - Lilypond para Linux e Windows
  2. Freuet euch des Lebens - Op 340 - Johann Strauss
  3. Gavota - Brahms
  4. Variacións sobre un tema de Paganini op 35 - Brahms

Page 15 of 17

  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17

Menú

  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

You have allowed cookies to be placed on your computer. This decision can be reversed.


Back to Top

© 2019 Musicanaescola