Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Estudo Op 25 nº 1 - Chopin

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 09 Marzo 2014 19:40
Última actualización do Domingo, 09 Marzo 2014 19:41
Publicado o Domingo, 09 Marzo 2014 19:40
Escrito por Administrator
Visitas: 2386

Os estudos para piano de Chopin forman parte do catálogo pedagóxico que os pianistas deben interpretar para adquirir musicalidade, técnica e expresividade. O Op 25 nº1 consiste nunha serie de arpexios na man dereita nos que a primeira nota vai realizando unha melodía e a esquereda fai ás veces un acompañamento 2 a 3 e outras veces ten o mesmo ritmo da man dereita. En calquera caso, a harmonía é moi rica, con acordes aumentados que confiren un clima de ensoñación e exotismo.

Estes días soa moito esta música posto que o comezo do estudo é a banda sonora dunha campaña publicitaria de Siemens.

Neste vídeo pódese escoitar e seguir a partitura.

 

Sonata para órgano a catro mans e catro pés - Merkel

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 02 Decembro 2013 19:00
Última actualización do Luns, 02 Decembro 2013 19:00
Publicado o Luns, 02 Decembro 2013 19:00
Escrito por Administrator
Visitas: 2339

No extraordinario concerto dos organistas Pablo Márquez e Atsuko Takano, celebrado o venres 29 de novembro e organizado pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo, puidemos disfrutar, entre outras obras estupendamente interpretadas polos dous intérpretes, da Sonata para catro mans e catro pés Op 30 de Gustav Merkel. Unha obra en tres tempos onde os organistas poden amosar a súa técnica e musicalidade e tirar todo o partido posible do instrumento que teñen baixo as súas catro mans e os seus catro pés.

A coordinación tamén é moi importante... como poden apreciar nesta gravación de Pierre Nimax jr. e Paul Kayser.

 

 

Aria Schafe können sicher weiden BWV 208 - J.S.Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Mércores, 13 Novembro 2013 18:05
Última actualización do Mércores, 13 Novembro 2013 18:05
Publicado o Mércores, 13 Novembro 2013 18:05
Escrito por Administrator
Visitas: 2429

O pianista Leon Fleisher ofrece a súa versión desta aria da Cantata 208 de J. S. Bach. A versión pianística da partitura é de Petri.

Suceso en Xunqueira... unha posible solución.

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 30 Agosto 2013 16:22
Última actualización do Venres, 30 Agosto 2013 16:25
Publicado o Venres, 30 Agosto 2013 16:22
Escrito por Administrator
Visitas: 2537

O pasado domingo día 18 de agosto estabamos en Xunqueira de Ambía. A tardiña tiña unha temperatura agradable e corría un ventiño moi apetecible. O motivo da visita era disfrutar da música de órgano no concerto que o xoven organista de Valencia, Pablo Márquez Caraballo, ofrecía. O programa, impresionante, un monográfico de J.B. Cabanilles. O concerto comezou sen ningunha novidade que destacara, a non ser o grande virtuosismo que o concertista amosaba en cada obra ademais de interpretala cunha enorme variedade e atrevida rexistración. Levabamos 4 pezas e, ao comezo da quinta, o Tiento de 7º ton por alamire, escoitamos un "plof" e o instrumento deixou de funcionar. Sorpresa!

Ler máis: Suceso en Xunqueira... unha posible solución.

Vals op 39 - 9 - Brahms

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 11 Agosto 2013 11:49
Última actualización do Domingo, 24 Agosto 2014 11:09
Publicado o Domingo, 11 Agosto 2013 11:49
Escrito por Administrator
Visitas: 2212

Brahms compuxo os Valses op 39 para piano a catro mans. O mesmo compositor realizou un arranxo para piano a dúas mans. Uns dos valses máis inspirados é o número 9.

Vals op 39 nº 9 - Brahms por musiescola 

 

Máis artigos

  1. O reloxo sincopado - Outro musicograma
  2. O voo do moscardón
  3. Interesante traballo co piano: One Direction
  4. Maxicamente vello - Roi Casal

Page 14 of 20

  • Start
  • Prev
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Instructions for Angels - David Bedford
  • Lonxe da terriña - Juan Montes
  • Unha emoción liberada...
  • Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau
  • Momento musical nº3 op 16 - Rachmaninov

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2021 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.