Siciliano - BWV 1031 - Bach
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1646
Ofrecemos dúas versións para piano dun mesmo arranxo. Trátase do que realizaou o estupendo pianista Wilhem Kempff sobre o Siciliano da Sonata nº 2 para frauta de J.S. Bach.
A primeira está interpreta pola pianista polaca Iwona Karasinska-Schlair.
A segunda interpretación vén das mans de Evgeni Kissin cando contaba con 19 anos de idade.
A terceira é unha versión coa partitura:
Estudo Op 25 nº 1 - Chopin
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1660
Os estudos para piano de Chopin forman parte do catálogo pedagóxico que os pianistas deben interpretar para adquirir musicalidade, técnica e expresividade. O Op 25 nº1 consiste nunha serie de arpexios na man dereita nos que a primeira nota vai realizando unha melodía e a esquereda fai ás veces un acompañamento 2 a 3 e outras veces ten o mesmo ritmo da man dereita. En calquera caso, a harmonía é moi rica, con acordes aumentados que confiren un clima de ensoñación e exotismo.
Estes días soa moito esta música posto que o comezo do estudo é a banda sonora dunha campaña publicitaria de Siemens.
Neste vídeo pódese escoitar e seguir a partitura.
Sonata para órgano a catro mans e catro pés - Merkel
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1728
No extraordinario concerto dos organistas Pablo Márquez e Atsuko Takano, celebrado o venres 29 de novembro e organizado pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo, puidemos disfrutar, entre outras obras estupendamente interpretadas polos dous intérpretes, da Sonata para catro mans e catro pés Op 30 de Gustav Merkel. Unha obra en tres tempos onde os organistas poden amosar a súa técnica e musicalidade e tirar todo o partido posible do instrumento que teñen baixo as súas catro mans e os seus catro pés.
A coordinación tamén é moi importante... como poden apreciar nesta gravación de Pierre Nimax jr. e Paul Kayser.
Aria Schafe können sicher weiden BWV 208 - J.S.Bach
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1775
O pianista Leon Fleisher ofrece a súa versión desta aria da Cantata 208 de J. S. Bach. A versión pianística da partitura é de Petri.
Suceso en Xunqueira... unha posible solución.
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1992
O pasado domingo día 18 de agosto estabamos en Xunqueira de Ambía. A tardiña tiña unha temperatura agradable e corría un ventiño moi apetecible. O motivo da visita era disfrutar da música de órgano no concerto que o xoven organista de Valencia, Pablo Márquez Caraballo, ofrecía. O programa, impresionante, un monográfico de J.B. Cabanilles. O concerto comezou sen ningunha novidade que destacara, a non ser o grande virtuosismo que o concertista amosaba en cada obra ademais de interpretala cunha enorme variedade e atrevida rexistración. Levabamos 4 pezas e, ao comezo da quinta, o Tiento de 7º ton por alamire, escoitamos un "plof" e o instrumento deixou de funcionar. Sorpresa!
Page 11 of 17