Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

MuseScore 2

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 16 Mai 2015 15:28
Última actualización do Venres, 14 Agosto 2015 11:20
Publicado o Sábado, 16 Mai 2015 15:28
Escrito por Administrator
Visitas: 1955

Chegou hai uns meses MuseScore 2. Esta nova versión trae moitas novidades, melloras e correccións de erros. Agora estamos ante un editor de partituras moito máis maduro e preparado para a edición máis complexa.

As novas características poden lerse nesta ligazón.

Captura de pantalla do MuseScore 2

350 anos de Cristofori - O piano

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 04 Mai 2015 15:30
Última actualización do Luns, 04 Mai 2015 15:38
Publicado o Luns, 04 Mai 2015 15:30
Escrito por Administrator
Visitas: 1814

O catro de maio de 1655 naceu en Padua, Italia, Bartolomeo Cristofori di Francesco, músico e constructor de instrumentos.O seu invento máis salientable foi o piano.

Nun inventario de 1715 dos instrumentos de Fernando de Médici, aparece unha entrada na que se reflicte un instrumento chamado Archicembalo, inventado por Cristofori e que permite tocar sons forte e piano. De aí viríalle o nome: fortepiano.

Este é o mecanismo que Cristofori deseñou para solventar o problema do martelo que ao percutir nas cordas non se quedaba pegado, retrocedía, permitía que as cordas seguisen vibrando e tamén posibilitaba tocar repetidamente unha tecla e mesmo, transmitir a forza da pulsación.

Aquí o mecanismo actual do piano:

Google celebra o aniversario de Cristofori con este Doodle.

Toccata en Si menor - E. Gigout

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 24 Abril 2015 16:53
Última actualización do Venres, 24 Abril 2015 17:11
Publicado o Venres, 24 Abril 2015 16:53
Escrito por Administrator
Visitas: 2001

Fantástica interpretación de Didier Matry no órgano Cavaillé-Coll de Saint-Augustin (Paris) desta Toccata en Si menor de E. Gigout. Sorprendente inicio e final do vídeo...

 

 

Concerto de primavera 2015 - Un Rato no Tubo

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 17 Abril 2015 15:35
Última actualización do Venres, 17 Abril 2015 15:37
Publicado o Venres, 17 Abril 2015 15:35
Escrito por Administrator
Visitas: 1671

O tradicional Concerto de Primavera, organizado pola Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un Rato no Tubo, en colaboración coa Parroquia de Santa Eufemia, terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, ás 20:30 h, no órgano Walcker da Igrexa de Santa Eufemia do Centro- Ourense. 

Nesta ocasión poderemos escoitar á organista Soledad Mendive e ao trompetista Rubén Freire Bermúdez. A entrada é de balde.

All of Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Xoves, 16 Abril 2015 19:19
Última actualización do Xoves, 16 Abril 2015 19:36
Publicado o Xoves, 16 Abril 2015 19:19
Escrito por Administrator
Visitas: 1771

O proxecto de gravar toda a obra de J.S. Bach en formato dixital de calidade e ofrecela en streaming accesible a calquera persoa arrancou oficialmente o 2 de maio de 2014. Este proxecto chámase All of Bach.

Está respaldado pola Nederlandse Bachverenining e dirixido por Jan Van den Bossche. Quere ser coma un resumo dun período moi importante na historia da práctica interpretativa da música barroca. Cada semana, máis ou menos, engádese unha nova interpretación. Ademais de poder vivir a música, tamén nos proporcionan informacións variadas sobre a partitura, o instrumento ou o intérprete da cada unha das gravacións.

Como mostra, nesta ligazón pódese gozar coa Toccata e fuga en re menor BWV 593, Dórica (así chamada na Edición Peters para diferenciala da outra máis famosa). Está interpretada polo organista Leo Van Doesebaar no órgano da Walloom Church, en Holanda.

Máis artigos

  1. Unha nova edición Open Source de O Clave ben temperado - Bach
  2. Ständchen - Serenata - Schubert
  3. Homenaxe á Señora Carmen, de Malvela
  4. White Winter Hymnal

Page 10 of 20

  • Start
  • Prev
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Sonatina - Antón García Abril
  • Instructions for Angels - David Bedford
  • Lonxe da terriña - Juan Montes
  • Unha emoción liberada...
  • Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2021 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.