Vals nº 9 D 969
- Detalles
- Creado o Sábado, 19 Novembro 2016 12:51
- Última actualización do Sábado, 19 Novembro 2016 12:57
- Publicado o Sábado, 19 Novembro 2016 12:51
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1528
LilyPond é un editor de partituras cunha sintaxe particular pero que consegue unha calidade á hora da impresión impresionante. Ademais de Frescobaldi, podemos utilizar dous servizos en liña que permiten escribir o código, visualizar a partitura e poder descargala en formatos midi e pdf. Son:
Un proxecto que recentemente acaba de ver a luz é o KDE - Minuet, un programa de educación musical e auditiva desenvolvido dentro do escritorio KDE con tecnoloxía Qt, polo tanto podémolo atopar nas diferentes distribucións Linux, tamén dispoñible para Android, a través de Google Play. O programa vai collendo cada vez novas características e os desenvolvedores, Sandro Andrade e Ayush Shah, prometen dedicación e esforzo.
Aquí unhas instantáneas:
Fontes:
Unha obra importante dentro do xénero da música para o cine é a BSO de Foise co vento (V. Fleming 1939), obra do compositor vienés Max Steiner (1888-1971). Constitúe unha máxima expresión do sinfonismo de finais do século XIX levado ata as máis elevadas cotas de expresividade. Este compositor comezou nos anos trinta a compoñer bandas sonoras ata 1965. Posúe tres premios Óscar. Escoiten a versión en directo da Film Symphony Orchestra...
A Partita para violín en re menor BWV 1004 de Bach inclúe unha chacona, termo musical relacionado coa arte da variación. É unha peza sobrecolledora, ao parecer composta despois da morte da súa primeira esposa.
Guidon Kremer, cunha interpretación certamente limpa e clara con certo rubato, móstranos a peza para violín:
Brahms ideou un estudo para piano para a man esquerda cunha versión desta chacona. O pianista Sergey Kuznetsov marabíllanos con esta magnífica interpretación:
Ferruccio Busoni, neno prodixio e pianista virtuoso, quixo aportar o seu gran de area na recreación desta obra e compuxo unha versión a dúas mans para piano da chacona. O pianista James Rhodes intepreta esta peza: