Última actualización do Domingo, 21 Abril 2019 12:34
Publicado o Domingo, 21 Abril 2019 12:34
Escrito por Administrator
Visitas: 640
Un órgano portátil construido con papel. O fol é un globo.
Abenlied - Joseph Rheinberger
Detalles
Creado o Domingo, 17 Febreiro 2019 22:12
Última actualización do Domingo, 17 Febreiro 2019 22:16
Publicado o Domingo, 17 Febreiro 2019 22:12
Escrito por Administrator
Visitas: 1058
Joseph Rheinberger (1839-1901) foi un compositor alemán que cultivou case todos os xéneros, pero destaca na música vocal sacra e na música para órgano.
Unha mostra do seu facer como compositor é este Abenlied (Canción da tarde) "Queda connosco, porque xa é tarde o día está case morrendo." (Lc. 24, 29) Hai que salientar a atmosfera sonora creada, propia do solpor, a base de disonancias moi ben dispostas e resoltas e procedementos imitativos.
Xabier Díaz, dúas cancións
Detalles
Creado o Sábado, 19 Xaneiro 2019 11:28
Última actualización do Sábado, 19 Xaneiro 2019 11:28
Publicado o Sábado, 19 Xaneiro 2019 11:28
Escrito por Administrator
Visitas: 1125
Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero xuntáronse a modo de cuarteto para crear Teu nome por mar e terra, fermosa canción, pausada, coidada, sensible...
Agora, Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, interpretan Cantiga de montaña, de inspiración popular, pero tratada dun xeito moi interesante e renovador, coa inclusión da percusión corporal. O lugar semella nas ribeiras do río Tambre...
Widmung - Schumann
Detalles
Creado o Sábado, 08 Decembro 2018 11:40
Última actualización do Sábado, 08 Decembro 2018 11:40
Publicado o Sábado, 08 Decembro 2018 11:40
Escrito por Administrator
Visitas: 1118
O lied "Widmung" op 25 nº 1 de Schumann é unha total e completa declaración de amor. Imos presentar varias versións:
Diana Damrau, soprano:
Fischer-Dieskau, barítono:
Liszt fixo unha versión pianística excelente.Mostramos dúas versións:
Con partitura, versión de Takashi Sato.
Xenial versión, cantabile, delicada... de Jorge Bolet
O poder dunha linguaxe universal: a música
Detalles
Creado o Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
Última actualización do Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
Publicado o Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
Escrito por Administrator
Visitas: 1124
Unha linguaxe serve para comunicarse; para compartir inquedanzas, sentimentos e ideas; para unirse e pasar un anaco de tempo inesquecible. Isto lle pasou a un turista que ao contrabaixo acompañou a uns músicos da rúa interpretando "Les feuilles mortes". Ensaios, ningún. Os tres músicos teñen clara a estrutura armónica e formal da canción e realizan unha serie de improvisacións a cada cal mellor. O público en directo e nós, grazas a este vídeo, somos testemuñas do poder da música: unha linguaxe universal.