Conquista do Paraíso - Homenaxe a Vangelis
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2396
O compositor grego Vangelis vén de finar estes días. Un compositor que traballou a fondo con sintetizadores, que puxo música a películas inesquecibles como Blade Runner ou Carros de fuego.
O organista Gert van Hoef realizou unha improvisación sobre o tema Conquista do Paraíso nun órgano da casa Johannus. A improvisación é unha das artes que un organista debe dominar e poñer en práctica. Que este tema sirva para recoñecemento ao grande compositor que foi Vangelis e agradecemento a Gert pola súa estupenda interpretación.
Concerto para piano nº3 - Tchaikovsky
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2474
Este concerto foi publicado como obra póstuma e o autor só traballou no primeiro movemento. É, posiblemente, o meno coñecido dos seus concertos para piano. Ofrecemos unha gravación da OSG, dirixida por Ion Marin, coa solista Marianna Prjevalskaya, pianista vencellada á Coruña. Esta obra require a doses iguais virtuosismo e musicalidade, elementos que Marianna brinda na interpretación desta obra.
Negra Sombra - Juan Montes - OSG
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2664
SEN PALABRAS
O querer - Tanxugueiras
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2511
O querer, unha mostra do bo facer de TANXUGUEIRAS, este trío de cantareiras que está realizando unha tarefa en prol do folclore galego: achegalo ás novas xeracións e a público xoven. Innovación desde o respecto ás esencias da tradición. Grazas, Tanxu...!
O órgano do Teatro Real
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1075
O famoso divulgador musical Jaime Altozano e o organista Aarón Ribas preséntannos o órgano como instrumento ensinándonos o órgano do Teatro Real de Madrid.
Page 3 of 23