Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Foise co vento - Max Steiner

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Martes, 12 Xullo 2016 12:31
Última actualización do Martes, 12 Xullo 2016 13:31
Publicado o Martes, 12 Xullo 2016 12:31
Escrito por Administrator
Visitas: 2102

Unha obra importante dentro do xénero da música para o cine é a BSO de Foise co vento (V. Fleming 1939), obra do compositor vienés Max Steiner (1888-1971). Constitúe unha máxima expresión do sinfonismo de finais do século XIX levado ata as máis elevadas cotas de expresividade. Este compositor comezou nos anos trinta a compoñer bandas sonoras ata 1965. Posúe tres premios Óscar. Escoiten a versión en directo da Film Symphony Orchestra...

 

Chacona para violín da Partita en re menor BWV 1004 - Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 15 Mai 2016 10:28
Última actualización do Domingo, 15 Mai 2016 12:20
Publicado o Domingo, 15 Mai 2016 10:28
Escrito por Administrator
Visitas: 1736

A Partita para violín en re menor BWV 1004 de Bach inclúe unha chacona, termo musical relacionado coa arte da variación. É unha peza sobrecolledora, ao parecer composta despois da morte da súa primeira esposa.

Guidon Kremer, cunha interpretación certamente limpa e clara con certo rubato, móstranos a peza para violín:

 

Brahms ideou un estudo para piano para a man esquerda cunha versión desta chacona. O pianista Sergey Kuznetsov marabíllanos con esta magnífica interpretación:

 

 

Ferruccio Busoni, neno prodixio e pianista virtuoso, quixo aportar o seu gran de area na recreación desta obra e compuxo unha versión a dúas mans para piano da chacona. O pianista James Rhodes intepreta esta peza:

 

Sonata Primavera - Beethoven

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 10 Abril 2016 11:18
Última actualización do Venres, 15 Abril 2016 17:47
Publicado o Domingo, 10 Abril 2016 11:18
Escrito por Administrator
Visitas: 1900

A sonata nº 5 op 24 para violín e piano de Beethoven ten o alcume de Primavera. Unha fermosa música para este tempo. Escollimos unha versión histórica, equilibrada e fresca, das mans do xenial violinista David Oistrakh e do estupendo pianista Lev Oborin. (O vídeo 3 polos mesmos intérpretes ante a imposibilidade de atopar o correspondente)

Tempo I: Allegro

 

Tempo II: Adagio Molto Expressivo

 

Tempo III: Scherzo 

Tempo IV: Presto

Faleceu Nikolaus Harnoncourt

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 07 Marzo 2016 19:55
Última actualización do Sábado, 21 Abril 2018 15:07
Publicado o Luns, 07 Marzo 2016 19:55
Escrito por Administrator
Visitas: 1598

O director de orquestra, violonceliste e investigador musical, Nikolaus Hannoncourt vén de falecer o pasado sábado á idade de 85 anos. Formou parte da corrente historicista de interpretación musical que, iniciada na recuperación auténtica da música do Barroco, avogou pola interpretación desta música liberándoa de todo artificio romántico, buscando as fontes orixinais, os instrumentos propios da época e intentando reproducila do xeito máis neutral e "obxectivo". Despois de fundar o Concentus Musicus en 1953 e dedicarse á investigación e interpretación sobre todo de música antiga, aínda que tamén abordou a música do seu tempo, Harnoncourt foi ampliando o obxecto do seu estudo ata chegar ao Clasicismo e Romanticismo. Desenvolveu unha longa carreira como director de orquestra preocupado pola autenticidade na interpretación, investigando constamente nas partituras orixinais e obtendo unha forma propia de entender cada composición.

Para afondar sobre o seu pensamento musical recomendamos a lectura de obras como "O diálogo musical: reflexións sobre Monteverdi, Bach e Mozart", "A música como discurso sonoro" ou "A música é máis que as palabras".

Na súa entrevista, realizada cando cumpriu os 85 anos, un pouco antes de se retirar da vida activa pública musical, declarou que a derradeira música que desexaría escoitar antes de deixar este mundo sería un coral de Bach, Vor deinen Thron tret’ ich hiermit  BWV 688 (Con isto preséntome ante o teu Trono) empregado polo compositor na Arte da fuga. Para honrar a esta figura que se nos foi, poden escoitar este coral na súa versión para órgano a cargo de Hans-Andre Stamm. A paz, a tranquilidade, a satisfacción serena, a humildade... son sentimentos que afloran ante a escoita desta peza.

 

Un bo futuro - María López Carballo

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 20 Febreiro 2016 12:42
Última actualización do Sábado, 20 Febreiro 2016 12:43
Publicado o Sábado, 20 Febreiro 2016 12:42
Escrito por Administrator
Visitas: 2043

María López Carballo, unha rapaciña galega de Narón, interpreta tres pezas populares galegas ( Ai Maruxiña, Foliada de Tenorio e unha muiñeira) acompañándose coa zanfona e coa colaboración de Carlos Núñez. O gran mestre Santalices estaría moi satisfeito! Noraboa tamén ao noso músico máis universal...

 

Máis artigos

  1. Canción á árbore de Nadal
  2. Doodle para celebrar o 245 aniversario do nacemento de Beethoven
  3. Meditación op 72 - nº 5 - Tchaikovsky
  4. XXVI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

Page 8 of 20

  • Start
  • Prev
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Sonatina - Antón García Abril
  • Instructions for Angels - David Bedford
  • Lonxe da terriña - Juan Montes
  • Unha emoción liberada...
  • Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2021 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.