Momento musical nº3 op 16 - Rachmaninov

Os Momentos musicais op 16 de Sergei Rachmaninov son un conxunto de seis pezas que cada unha delas pode ser interpretada illadamente. A número 3 describe un momento de ensonación. Está en si menor, en compás de catro por catro, e na sección central aparece un stacatto de oitava na man esquerda que muda o ritmo inicial. É unha obra dominada por un fondo sentimento de tristura e resignación. Fermosa! Neste vídeo está interpretada por Vadim Chaimovich.